epical bookcrossing

Estoume a desprender de case todos os libros que teño na casa. Algúns van ser donacións a bibliotecas (a do Centro Galego de Murcia, por exemplo), e outros irán ao “bookcrossing salvaxe”. Se ves algún na lista e ainda non o soltei, podes pedilo.

A razón de todo esto? Penso que xa chegou o tempo, o millo vai medrando, e vai habendo máis textos en formato electrónico. Xa non vou facer máis mudanzas cun metro cúbico de papel impreso.

Bookcrossing: tolkien

image

O conto de Giles, o granxeiro de Ham que chegou a rei; a deprimente historia de Niggle, o pintor de follas que ninguén apreciaba; e a biografia oficial do mestre. Velai quedan, nunha mesa do bar da Estacion Intermodal de Almeria.

Na choiva

image

Semella que habia moito carto que sacar do colchon, en Murcia. Na rua non se aprecia crise: bares  mais bares, tendas e mais tendas, flotando nunha atmosfera onirica na floracion das laranxeiras…

Etica hacker para o artesán da revolución dixital

Hoxe tiven a sorte de poder participar no ciclo de conferencias e obradoiros que se estan desenvolvendo na Escola de Artes de Almería, Work[in]progress para facerlles chegar a nosa experiencia en Algueirada, a importancia que ten na nosa vida esa cultura compartida que chamamos “ética hacker”, e o que pode significar para os futuros artesáns que alí se estan formando.

A presentación é só unha escolla de palabras clave e fios condutores, pero deu para máis de dúas horas de conversa, e o convite para dentro de dúas semanas no obradoiro de “computación física” no que tentaremos introducir os primeiros pasos do traballo co Arduino.

Parece que o cerne do hacklab que andabamos a matinar vai xermolando. Non todo van ser patacas e grelos…

recepción nos medios: