epical bookcrossing

Estoume a desprender de case todos os libros que teño na casa. Algúns van ser donacións a bibliotecas (a do Centro Galego de Murcia, por exemplo), e outros irán ao «bookcrossing salvaxe». Se ves algún na lista e ainda non o soltei, podes pedilo.

A razón de todo esto? Penso que xa chegou o tempo, o millo vai medrando, e vai habendo máis textos en formato electrónico. Xa non vou facer máis mudanzas cun metro cúbico de papel impreso.

Etica hacker para o artesán da revolución dixital

Hoxe tiven a sorte de poder participar no ciclo de conferencias e obradoiros que se estan desenvolvendo na Escola de Artes de Almería, Work[in]progress para facerlles chegar a nosa experiencia en Algueirada, a importancia que ten na nosa vida esa cultura compartida que chamamos «ética hacker», e o que pode significar para os futuros artesáns que alí se estan formando.

A presentación é só unha escolla de palabras clave e fios condutores, pero deu para máis de dúas horas de conversa, e o convite para dentro de dúas semanas no obradoiro de «computación física» no que tentaremos introducir os primeiros pasos do traballo co Arduino.

Parece que o cerne do hacklab que andabamos a matinar vai xermolando. Non todo van ser patacas e grelos…

recepción nos medios: