un mapa no deserto

Hai dias que contradiscurso lanzou unha chamada ao espacio do blogomillo, e pensei que era bo momento para darlle unha oportunidade nova a uns espazos que estan a quedar difuminados nos xardíns pechados das redes sociais.

Hoxe cheguei á lectura do sorprendido artigo (xa vello, de hai meses) dun blogueiro que saiu do cárcere (entrou por blogueiro) e, despois de oito anos desconectado, atopa que as prediccións dunha Rede captiva son reais. E chama á recuperación do espazo de liberdade e interconexión horizontal que foi, e pode seguir sendo, a web.

O resultado destas duas ideas nunha plácida mañá de sábado foron uns minutos na procura dunha ferramenta para lectura de RSS (voltei ao inoreader), e máis un par de horas recopilando blogues das fontes que tiña na cabeza: os blogues de @blogaliza con máis visitas, os blogues referenciados polo usuario de twitter @blogsdopais, e algún máis: unha lista de 77 blogues, incompleta, pero aberta á colaboración e incorporación das listas que tedes os demáis lectores de blogues en galego, que sodes/somos moitos.

Quedan vostedes invitados!

WordCamp 09

[lang_gl]Ainda que se confundan ás veces o -es e o es-es (sobre todo cando non se ten en conta aos gl-es, que tamén estamos en -es), é interesante achegar físicamente, e porlles cara e “esa indeterminada percepción do camarada” aos outros que estan a facer o mesmo que nós facemos por estes territorios do sur-leste de europa: o tránsito da web 2.0 á comunidade. Estaremos, pois, no wordcamp do próximo dia 10, no barrio de Gràcia, en Barcelona. [/lang_gl]

[lang_es]Aunque se confundan a veces el -es y el es-es (sobre todo cuando no se tiene en cuenta a los gl-es, que tambien estamos en -es), es interesante acercarse físicamente, y ponerle cara y “esa indeterminada percepción del camarada” a los otros que estan haciendo lo mismo que nosotros hacemos por estos territorios del sur-oeste de europa: el tránsito de la web 2.0 hacia la comunidad. Estaremos, pues, en el wordcamp del próximo dia 10, en el barrio de Gràcia, en Barcelona.[/lang_es]