Darlle corda ao reloxo

Un exemplo sinxelo do camiño a seguir cara a comunidades resilientes. Unha parroquia calquera dun concello calquera do pais fai unha festa: unha recreación de museo etnográfico convertida en espazo compartido, e en ensaio xeral de usos colectivos do tempo. Integrarse nunha comunidade, e ser parte activa dela, significa perder un chisco do propio, do privado. Pero que é o privado, que tanto nos gusta? O privado ven sendo o espazo feudal reorganizado pola burguesía. E nin sequera: porque as redes de dependencia e negociación tamén son espazo público, e cantos grandes negocios non se pecharon, antes e agora, en espazos “privados” pero colectivos. Os Clubes, os Ateneos…

Neste caso, unha recreación etnográfica, amosa precisamente un espazo de traballo colectivo dentro do circo do ano: a sega e malla do painzo. Ou o ciclo todo da fariña, dende  a sega ata o bolo.  Regueifeiras, segadores, ferreiros, cesteiros, oleiros: os oficios que, despois do tempo do petroleo case gratis, han volver. Decíanos o outro dia o responsable da adega que fai o Dom Bardo que comezaron, como todos, usando cubas de cemento: herdeiras das olas de barro soterradas.

Mentres os figurantes traballan, un narrador colectivo vai lendo un texto no que se explica o proceso. E para mercar viño e polbo, como en calquera romaria, tes que pillar tickets que despois cambias nos postos: para o viño precisas un que cambiar por unha cunca, e outro que cambiar polo viño. Asi socializas, e a carga de traballo repártese.

Sincretismo no modelo de organización, no significado das cousas. Darlle corda ao reloxo, e non marcha atrás:
igual que esta a facer o noso meta-estado: a Unión Europea. Estes dias estase a celebrar a Guadec2010, e nela a Comisaria de Axenda Digital (temos! seino via brenlla) falou desta forma sobre a adopción xeralizada do software libre. Darlle corda ao reloxo.

Non deixo de pensar nas grandes personaxes dos conglomerados políticos da ciencia ficción cando vexo aos operarios da Unión: a respetable oligarquía senatorial romana, o consello dos vellos, convertido en guía para un mundo convulso.
A foto de arriba é do Faro de Vigo, que non deixa enlazar coas fotos dende fora do propio xornal, asique foi descargada e subida ao blogue.

Developers home – DigitalNZ

Falando de dixitalizar o inmaterial, a cultura toda dun pais, é preciso achegarmonos ao que estan a facer na Terra Media: DigitalNZ non só garda o tesouro da cultura, senon que o dispón para todos TODOS facermos uso del. Convenios, acordos, e unha lista de institucións que fan aportes ao proxecto que da máis que envexa. Cidades da Cultura poden estar ben, como vórtice no espazo físico de fios invisibles que teñen que ser visibles como unha perturbación na forza, na rede plana do mainstream do espectáculo mediático. Pero fagan todo o traballo diplomático que sexa preciso para ter o inmaterial todo xunto, todo accesible, todo etiquetado, todo reutilizable. Fagan o favor.

via digitalNZ

O negativo da cultura

Un título provocador, para facer pensar: non só as construccións monumentais en pedra son rastro do pasado. Para encher os ocos na memoria que temos habería que botar interese sobre estes negativos: habería que facer outra arqueoloxía.

via magago

Opcións de conciencia, e acción colectiva

Estes dias estivemos, polos pelos, ligados a unha convocatoria periódica que unha tribo ben afouta esta a levar adiante aproveitando as festas de gardar da vella relixión que un dia foi maioritaria entre os nosos devanceiros. Houbo prensa, atendendo ao acto, pero parece que non chegaron a entender a finalidade: non protestábamos por nada. Simplemente estabamos a borrar de facto o que hai moito tempo quedou borrado polo mal uso, e polo mal exemplo. Non se trata de dar a nota, de narcisismo blogueiro, ou de provocación sectaria (para provocación, o gore da imaxinería barroca), senon de amosar que non somos individualidades mal adaptadas, “xente rara”, espíritus perdidos: non. Somos a xente do presente, pero con ánimo para achegar alternativas viables aos trapalleiros modelos herdados. Precisamos sincretismo, e flexibilidade.

actualización no 24 de xullo: a véspera foron máis de trinta persoas as que se uniron á convocatoria “antes do apóstolo”. Parabéns.

Datos para cargar un software: contos para contar

Ainda non tiven tempo para entrar a botarlle unha ollada ao software do que falei hai uns dias: o Contador de Contos Virtual. Non sería interesante que o contador de historias bebera dun catálogo tipolóxico de contos, para modelar historias? A emerxencia de historias, entón, podería ser coherente coa tradición temática dun contexto?

Hoxe presentouse precisamente o tal catálogo: Seguindo unha proposta de clasificación universal e universalizada, aplicado a un extensivo corpus de contos galegos, e comparando e buscando similitudes neles cos doutros catálogos publicados, fios de mundos que, polo tanto, non están tan lonxe como nos fan pensar. Pódense descargar as primeiras páxinas da obra nun pdf: un petisco para un plato principal.

Sería un fermoso traballo xuntar as duas cousas. Non será por falta de documentación, unha vez máis. Os atrevidos saiban que terán que traballar con ferramentas como un editor de ontoloxías.

[lang_gl]O contador de historias[/lang_gl][lang_es]El contador de historias[/lang_es]

[lang_gl]Achegándonos á Diamond Age polo camiño do contador de historias contextual: o Manual Ilustrado. Un trebello que pode achegar elementos do contexto do seu público para facer as historias que despois vai contando. Un trebello que servía como libro de cabeceira a unha nena aparentemente sen futuro pero que gracias á autoaprendizaxe é quen de ser.

Na novela era un humano quen finalmente facía a locución (nin cos avances da nanotecnoloxía pensaba Stephneson que os matices da expresividade oral humana serían sinxelos de acadar), pero aqui non buscan a perfección do contacontos, senon un trebello para elaborar os argumentos a contar. Haberá que probalo, porque é software libre!!
Pero non só iso: o proxecto parte da modelización dunha liña argumental producida pola interacción de actores, de autómatas. Unha outra aproximación a unha modelización das lendas?[/lang_gl]
[lang_es]Acercándonos a la Era del Diamante por el camino del contador de historias contextual: el Manual Ilustrado. Un aparato que puede traernos elementos del contexto de su público para hacer las historias que después van contando. Un aparato que servia como libro de cabecera a una niña aparentemente sin futuro pero que gracias al autoaprendizaje puede llegar a ser.[/lang_es]

Virtual Storyteller University of Twente from University of Twente on Vimeo.