novidades mainstream

Chamarlle a este cuarteto “mainstream” non deixa de ser un acto de voluntarismo, pero é o que hai. Na nosa escala sonche. No mesmo dia en que o carteiro deixaba os volumes atrasados de Urco, deixou os novos de Xerais, e Positivas. Dúas con blogue en blogaliza…

En total máis de 2000 páxinas para o final do outono… que máis se pode pedir?

novidades urco

Andar na herba é o que che ten: ás veces non estás cando chega o carteiro. Ás veces nin hai carteiro que chegue. Hoxe parece que tivemos sorte, e mentres agardamos pola encomenda de novidades do mainstream noso, chegan tres novidades dos amigos de Urco:

Non sei se fai falta decilo, pero vou comezar polo de Hodgson…

[lang_gl]Ferramentas libres para un mundo libre[/lang_gl][lang_es]Herramientas libres para un mundo libre[/lang_es]

[lang_gl]Decían nos Tempos de Antes, xente da Terra de Fora, que era mellor ensinar a pescar que dar peixe. Para pescar é preciso ter ferramentas. Miñoca, cana, liña. Os de LEGO, facedores de xoguetes para PeterPans acomodaticios teñen a sua liña de intelixencia baseada en procesador, e JavaDespois dos LEGO pensei na alternativa libre a todo esto: arduino. E efectivamente, ademáis de sair no discurso de Bauwens, tamén sae no YouTube, asociado a LEGO MindStorms: igual que o inestable Sid facía de doutor Frankenstein, nós podemos:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Tw9Jr-SPL0Y" width="625" height="450" wmode="transparent" /]

Estes días atrás puiden asistir a unha performance absolutamente fora de tiesto, a de Michel Bauwens no chiringuito (como chamar a un sitio con entrada previo rexistro na web que disque é preciso levar o correo de confirmación impreso nun papel para acreditarse, e despois ninguén o pide) xacobeo da Alta Cultura: “A Xeografía da Afinidade: Procomún neonómada, g-localidades habilitadas e tempo integral”. O p2p como unha necesidade para asentar comunidades locais na apocalipse. Ideas do hacktivismo na rede, de Castells, de Deleuze, do cyberpunkismo… Foi un discurso apocalíptico: o peak oil e máis a falacia do crecemento sen fin só poden levar ao colapso. A alternativa: comunidades locais con ferramentas libres. Adubiado por un prezi do que non falou nin o 10%, e cunhas conclusións que o organizador lle esixira, pero non foi quen de cumplir: “o camiño como cultura p2p”?. Podemos atopar unha explicación do autor no seguinte video, pero non podemos atopar o prezi en cuestión, que semella agochado. Os gurús tamén teñen que pagar facturas.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/r7XkMYPzsYk" width="625" height="450" wmode="transparent" /]

Entre as moitas palabras clave que non dixo, pero que estaban á vista, a espiritualidade: o seguinte buda será distribuido, colectivo. Estamos outra vez a falar dos tamborileiros? É un discurso semellante ao dos Tea Party, ao dos okupas de aldeas abandonadas, pero patrocinado polo gran capital. No cartaz, aparte dos implicados (ou sexa, os xestores da nosa cousa pública), o gran banco que anda a flirtear cos rizomas, o herdeiro daquel que foi o “banco de la mujer”: será que o BBVA vai á procura de alternativas, alén das propostas (que como eles ben din, non son para todos) dos neovictorianos? Ou é que as élites bilbainas leron a Stephenson, e pensan que é futuro dabondo pertencer ao grupo escollido que posue e se identifica co xornal en papel? Seguridade privada, lugares protexidos fronte ao caos do mundo? A tribu redúcese, a nación como bandeira, como lugar simbólico de identidade queda polo camiño, total só era unha utopía dos pais dos seus pais. Xa antes estaba a tribu, agora chamada “phylé“. A defensa da utopia queda noutras mans, unha vez máis.

Mentres moitos ainda miden éxito do anunciado no alcance do ranking, e como hackealo, a sala estaba chea de persoas que viñeran a escoitar ao segundo conferenciante. Con tradución simultánea dende un inglés que non era lingua nativa, moi próximo ao interlingua que estamos afeitos a escoitar. Nunha periferia que, no mundo rizoma é centro. Os últimos fillos do século da fartura deberan botarlle un ollo á vida de Draper, para seren conscientes de que os pes son de barro.[/lang_gl]

[lang_es]
Decían en los Tiempos de Antes, gente de la Tierra de Fuera, que era mejor enseñar a pescar que dar pescado. Pero para pescar hacen falta herramientas. Lombrices, caña, sedal. Los de LEGO, hacedores de juguetes para PeterPans acomodaticios tienen su línea de inteligencia basada en procesador, y Java. Después de los LEGO pensé en la alternativa libre a todo esto: arduino. Y efectivamente, además de salir en el discurso de Bauwens, también sale en el YouTube, asociado a LEGO MindStorms: igual que el inestable Sid hacía de doctor Frankenstein, nosotros podemos:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Tw9Jr-SPL0Y" width="625" height="450" wmode="transparent" /]

Estos días atrás he podido asistir a una performance absolutamente fuera de tiesto, la de Michel Bauwens en el chiringuito (como llamar a un sitio con entrada previo registro en la web al cual es necesario llevar el correo de confirmación impreso en un papel para acreditarse, y en la entrada nadie lo pide) Xacobeo de la Alta Cultura: “La Geografía de la Afinidad: Procomún neonómada, g-localidades habilitadas y tiempo integral”. El p2p como una necesidad para asentar comunidades locales en el apocalipsis. Ideas del hacktivismo en la red, de Castells, de Deleuze, del cyberpunkismo… Fue un discurso apocalíptico: el peak oil y la falacia del crecimiento sin fin solo pueden llevar al colapso. La alternativa: comunidades locales con herramientas libres. Sazonado por un prezi del que non habló nin el 10%, e con unas conclusiones que el organizador le exigía, pero non fue capaz de cumplir: “el camino como cultura p2p”?. Podemos encontrar una explicación del autor en el siguiente video, pero no podemos encontrar el prezi en cuestión, parece escondido. Los gurús también tienen que pagar facturas.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/r7XkMYPzsYk" width="625" height="450" wmode="transparent" /]

Entra las muchas palabras clave que no pronunció, pero que estaban a la vista, la espiritualidad: el siguiente buda será distribuido, colectivo. Estamos otra vez hablando de los tamborileros? Es un discurso parecido al de los Tea Party, al de los okupas de aldeas abandonadas, pero patrocinado por el gran capital. En el cartel, aparte de los implicados (o sea, los gestores de nuestra cosa pública), el gran banco que anda flirteando con los rizomas, el heredero de aquel que fue el “banco de la mujer”: será que el BBVA esta buscando alternativas, más allá de las propuestas (que como ellos mismos dicen, no son para todos) de los neovictorianos? O es que las élites bilbainas han leido a Stephenson, y piensan que es futuro suficiente pertencer al grupo escogido que posee y se identifica con el periódico en papel? Seguridad privada, lugares protegidos frente al caos del mundo? La tribu se reduce, la nación como bandera, como lugar simbólico de identidad queda por el camino, total solo era una utopía de los padres de sus padres. Ta antes estaba la tribu, ahora llamada “phylé“. La defensa de la utopia queda en otras manos, una vez mas.

Mientras muchos aún miden el éxito de lo anunciado por el alcance del ranking, y como hackearlo, la sala estaba llena de personas que habia venido a escuchar al segundo conferenciante. Con traducción simultanea desde un inglés que no era lengua nativa, muy próximo al interlingua que estamos acostumbrados a escuchar. En una periferia que, en el mundo rizoma es centro. Los últimos hijos del siglo de la abundancia debería echarle un ojo a la vida de Draper, para ser conscientes de los pies son de barro.
[/lang_es]

[lang_gl]Indentidade, unha necesidade[/lang_gl][lang_es]Identidad, una necesidad[/lang_es]

[lang_gl]Esta tarde, escoitando o Diario Cultural (unha rocha na maré tempestuosa dos medios en galego) falaron cun dos ponentes das xornadas “Arte + Grandes Eventos” que se estan a desenvolver no Consello da Cultura Galega. Non deixa de ser un heróico exercicio de abstracción manterse ao dia no cultural, tanto para os do Diario coma para os do Consello, coa que esta a caer (frivolidades do Clan dos Manhataníes aparte). Falaba José Luis Pardo, o entrevistado, da inevitable necesidade de identidade, alén da capacidade de sermos fluidos (o “be water, my friend” convertido en espectáculo circense) que a economia globalizada nos esixe. Disque temos que ter unha identidade, para vivir. Lembrando a Castells vexo que as suas ideas non só sirven como ferramentas para gurús do dixital: tamén estan na Academia. E iso non é malo, igual que tampouco o é que esteamos a preguntarnos se os mapas realmente amosan o territorio. E se o matíz mapa-calco non terá máis importancia da que pensamos, visto que hai estados alterados de consciencia nos que a persistencia da visión ten moito que ver co traballo que se leva a cabo nos datacenters dos tamborileiros. Algo semellante á música que nos fai ser, como un S.O.S.[/lang_gl]

[lang_es]Esta tarde, escuchando el  Diario Cultural (una roca en la marea tempestuosa de los medios en gallego) han hablado con uno de los ponentes de las jornadas “Arte + Grandes Eventos” que se estan desarrollando en el Consello da Cultura Galega. No deja de ser un heróico ejercicio de abstracción mantenerse al dia en lo cultural, tanto para los del Diario como para los del Consello, con la que esta cayendo (frivolidades del Clan de los Manhataníes aparte). Hablaba José Luis Pardo, el entrevistado, de la inevitable necesidad de identidad, más allá de la capacidad de ser fuidos (el “be water, my friend” convertido en espectáculo circense) que la economia globalizada nos exige. Parece ser que tenemos que tener una identidad, para vivir. RecordandoCastells veo que sus ideas no solo sirven como herramientas para gurús de lo digital: también estan en la Academia. Y  eso no es malo, igual que tampoco lo es que estemos preguntándonos si los mapas realmente muestran el territorio. Y si el matíz mapa-calco no tendrá más importancia de lo que pensamos, visto que hay estados alterados de consciencia en los que la persistencia de la visión tiene mucho que ver con el trabajo que se lleva a cabo en los datacenters de los tamborileros. Algo parecido a la música que nos hace ser, como un S.O.S.[/lang_es]

o síndrome lemmings, ou o suicidio como indicador

[lang_gl]

Non ten nada que ver: os lemmings simplemente traballan como nodos dunha organización gregaria na que só hai unha opción á vista: seguir ao que vai diante. Entre nós, os bípedos de polgar oponible e cultura simbólica, as ondas de suicidios xurden nos momentos de desintegración da identidade: cando non sabemos quen somos, e non temos saida ningunha para averigualo.

Os habitantes das illas do Caribe, á chegada dos homes con pelo na cara e peito de lata (os netos dos que se nomean nas crónicas do Sur como “Rum”, “Romanos”), non souberon que facer, víronse esmagados pola superioridade tecnolóxica da pólvora e a cobiza cega do ouro. Optaron polo suicidio despois de seren confinados nas “reduccións” e non ter máis saida. O mundo escachou e non habia quen fora capaz de reconstruilo. Os “donos”, vindo que eran xente pouco traballadora e parsimoniosa comezaron a importar brazos máis fortes, pero esa é outra historia. Porque sempre hai brazos mais fortes.

Hoxe temos que o Gran Romano é o Estado francés, e non só botando ao lixo os dereitos individuais que os “afrancesados” de onte e de hoxe defendían como trabe de ouro dun modelo de convivencia. Tamén levando aos indios ao suicidio. Pero hoxe os indios levan garabata, e son enxeñeiros de telecomunicacións. Disque a razón é a “fraxilidade persoal”. Ben é certo que as vellas virtudes inculcadas pola escola nacional ate nos territorios de ultramar aos netos dos netos dos indios menos suicidas, as virtudes dos “nosos antergos, os galos“, só quedan no papel impreso, nas reedicións de Asterix. Xa sabemos que o papel aguanta todo.

E, agora que o penso, tamén son suicidas os yihaidistas… suicidas en rede.

(actualización ao dia seguinte): onte cando escribín esto pensei en rematar botando unha ollada ao redor, á nosa taxa de suicidas, pero por falta de tempo non entrei a buscar os números. Ia deixar o último parágrafo cun “e os nosos datos? en que medida estamos desestructurados? canto nos suicidamos?” E hoxe atopo referencia por contradiscurso no xornal: Galicia é a Comunidade Autónoma con maior taxa de suicidios. E non só iso: a a taxa galega é o DOBLE da media do estado. Entón si: tamén nós somos indios na reducción, na reserva. Coidado co licor-café.

[/lang_gl]

[lang_es]

No tiene nada que ver: los lemmings simplemente trabajan como nodos de una organización gregaria en el que solo hay una opción a la vista: seguir al que va delante. Entre nosotros, los bípedos de pulgar oponible y cultura simbólica, las oleadas de suicidios surgen en los momentos de desintegración de la identidad: cuando no sabemos quien somos, y no tenemos ninguna forma de averiguarlo.

Los habirantes de las islas del Caribe, a la llegada de los hombres con pelo en la cara y pecho de lata (los nietos de los nombrados en las crónicas del Sur como “Rum”, “Romanos”), no supieron que hacer, se vieron aplastados por la superioridad tecnológica de la pólvora y la codicia ciega del oro. Optaron por el suicidio despues de ser confinados en las “reducciones” y no tener más salida. El mundo se rompió y no habia quien fuera capaz de reconstruirlo. Los “dueños”, viendo que eran gente poco trabajadora y parsimoniosa comenzaron a importar brazos más fuertes, pero esa es otra historia. Porque siempre hay brazos más fuertes.

Hoy tenemos que el Gran Romano es el Estado francés, y no solo tirando a la basura los derechos individuales que los “afrancesados” de ayer y de hoy defendían como pilar de un modelo de convivencia. También llevando a los indios al suicidio. Pero hoy los indios llevan corbata, y son ingenieros de telecomunicaciones. Dicen que la razón es la “fragilidad personal”. Es bien cierto que las viejas virtudes inculcadas por la escuela nacional hasta en los territorios de ultramar a los nietos de los indios menos suicidas, las virtudes de “nuestros antepasados los galos“, solo persisten en el papel impreso, en las reediciones de Asterix. Ya sabemos que el papel lo aguanta todo.

Y, ahora que lo pienso, también son suicidas los yihaidistas… suicidas en red.

(actualización del dia después): ayer, cuando escribí esto, pensé en terminar echando una mirada alrededor, a nuestra tasa de suicidas, pero por falta de tiempo no me puse a buscar los números. Iba a dejar el último párrafo con un “y nuestros datos? en que medida estamos desestructurados? cuanto nos suicidamos?” Y hoy encuentro referencia por contradiscurso en el Xornal: Galicia es la Comunidad Autónoma con mayor tasa de suicidios. Y no solo eso: la tasa gallega es el DOBLE que la media del estado. Entonces sí: también nosotros somos indios en la reducción, en la reserva. Cuidado con el licor-café.

[/lang_es]

Deleuze&Guattari – Mil Mesetas

[lang_gl]Unha lectura imprescindible que, como se nos di na introducción, pode ser lida en calquera orde, con calquera intención, con ollos diversos. O rizoma que nos últimos tempos estamos a seguir como paradigma de organización no espazo posmoderno da gran política, e da pequena, no tempo da diplomacia do pensamento lateral. Entender o contexto de Houellebecq, saber de onde sacaron os ciberpunks as súas cartografías horizontáis, ou Stephenson os tamborileiros.

Neste video de cando os móbiles eran en branco e negro, e internet caixas de tarxetas perforadas que viaxaban en trenes de carga, o profesor Deleuze explica, xiz en man, a sua visión do que entendemos por mundo.

[/lang_gl]

[lang_es]Una lectura imprescindible que, como se nos dice en la introducción, puede ser leida en cualquier orden, con cualquier intención, con ojos diversos. El rizoma que en los últimos tiempos estamos siguiendo como paradigma de organización en el espacio posmoderno de la gran política, y de la pequeña, en el tiempo de la diplomacia del pensamiento lateral. Entender el contexto de  Houellebecq, saber de donde sacaron los ciberpunks sus cartografías horizontales, o Stephenson a los tamborileiros.

En este video, de cuando los móviles eran en blanco y negro, e internet cajas de tarjetas perforadas que viajaban en trenes de carga, el profesor Deleuze explica, tiza en mano, su visión de lo que entendemos por mundo.

[/lang_es]

Convenio de colaboración fillos-blogaliza

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Subject: Comunicado de prensa – Fillos.org intégrase en Blogaliza

[Comunicado conxunto de prensa de: Asociación Cultural Fillos de Galicia + Blogaliza]

COMUNICADO DE PRENSA

17 de Agosto de 2010 (Para publicación imediata en Sociedade, Cultura, Tecnoloxía/Internet ou Emigración)

BLOGALIZA ACOLLERÁ A MAIOR COMUNIDADE ONLINE DA DIÁSPORA GALEGA

(Debido á carencia de recursos, a asociación Fillos de Galicia decidiu integrar a comunidade Fillos.org en Blogaliza)

A empresa Algueirada, responsable do servizo de blogs en galego Blogaliza, ven de asinar un convenio de colaboración coa asociación responsable da maior comunidade online da diáspora, Fillos.org, que conta xa con case 7 mil usuarios rexistrados. Grazas a este acordo evítase a desaparición deste proxecto histórico da Internet galega, que naceu en 1997 como ponte entre Galiza e os galegos do exterior, nomeadamente fillos e netos de emigrados. A falta de recursos económicos, agravada tras a cambio de goberno na Xunta de Galicia, e a carencia de persoal técnico capaz de xestionar unha rede social en continua expansión levaran á asociación Fillos de Galicia a facer un chamamento tras outro para acharen quen continuase co proxecto.
Aínda que estes chamamentos fracasaron e algúns medios apresuráranse a anunciar a morte do proxecto, abriuse unha derradeira oportunidade da man da consultoría tecnolóxica Algueirada: o traballo de actualización do portal Fillos.org realizado cos últimos recursos da asociación, facilitou a compatibilidade técnica con Blogaliza, o coñecido servizo ofrecido por Algueirada.

Deste xeito faise posible a supervivencia do proxecto, que agora fará parte de Blogaliza, quedando outros coñecidos proxectos de Fillos de Galicia como Atopadoiro.org fóra do acordo e baixo a xestión directa da asociación, xa cun custo moito menor. Os responsables de ambas organizacións felicítanse polo acordo e agardan poder sentar así as bases para novos proxectos a prol da cultura e a lingua galega no exterior.

FIN

Para entender o presente, e aos seus intérpretes

Os libros de Castells son básicos para podermos entender o que estamos a vivir, e porqué as ferramentas que temos nas mans están a transformar o mundo, e a nós mesmos. Podería parecer simples aplicación dos métodos da socioloxía “de toda a vida” aos comportamentos dos habitantes da noosfera, pero non: máis parece antropoloxía victoriana que socioloxía científica. Eis o segredo. Parece ser que foron editados en castelán; en inglés acaban de reeditar o primeiro dos tres libros.
Decir recomendable é pouco decir.

Actualizando no verán

Antonte pola noite andivemos liados co cambio de versión que xa tocaba: blogaliza.org ten as tripas novas, wordpress 3.0.1. Aparte dalgúns engadidos de tradución, e un lixeiro cambio de comportamento na xestión de trackbacks e pingbacks non hai grandes problemas á vista. Como andamos a fedellar na portada de blogaliza, para facer dela un espazo máis social e interesante, e como temos que revisar a actividade destas primeiras 36 horas de nova versión, o rexistro de novos usuarios, e de novos blogues vai estar pechado durante un tempo. Polo de agora nótase máis velocidade no sistema.

Chasing Sheep is Best Left to Shepherds

Ás veces o sistema de alertas de blogaliza desperta para avisar de comportamentos “curiosos”. Hoxe acordamos cunha subida de carga no servidor de bases de datos que non era normal.

Revisando os visitantes máis frecuentes dos últimos 10.000 impactos na web (sempre veñen polo mesmo sitio) atopamos unha serie de enderezos IPs de orixe coñecida, xunto a outros non tanto. A cadea para obter esa lista ordeada de IPs de orixe é:

tail -n 10000 /var/log/apache2/access.log| cut -d’ ‘ -f1 | sort| uniq -c|sort -n >saida.txt

Entre os visitantes habituais e máis ou menos respetuosos coas máquinas alleas atopamos ao GoogleBot, que non para de traballar, e ao motor de recolleita dos amigos de MundoGaliza.com, que indexan algúns blogues para amosalos na sua portada. Tamén visitas de redcoruna.com, que lle da soporte a mundogaliza, polo que se pode ver nos rexistros de whois.

Pero hoxe había un visitante pouco discreto e ben molesto que estaba a lanzar centos de peticións sobre un par de blogues en particular (casatlantica e dpaso) en poucos segundos. Mirando o log de apache víase que todas viñan de clientes diferente. Demasiado diferentes. Facendo unha procura de DNS inversas non sae nada: a IP en cuestión non esta asociada a ningún dominio, na máquina onde se emprega ese enderezo non se debe aloxar polo tanto ningún servizo. Quedaba seguir o fio entre nós e eles, para ver por onde era preciso pasar para chegarlles. O enderezo IP do último salto pertence a un proveedor de hosting de Ukraina, galahost.net. A cousa non ten moi boa pinta. O traballo que estaba a facer o tal visitante consistia en descargar as anotacións dos blogues. Previsiblemente para tentar meter comentarios de spam nelas. Comentarios que o noso sistema antispam elimina. Só queda bloquear o enderezo en cuestión, e o problema desaparece.