chegou o verán

isto do blogomillo tenche aspecto de traballo de luns a venres.

vexan a gráfica dos últimos tres meses, ata onte, e vexan cómo moitos visitantes de blogaliza foron de vacacións:

responsabilidade

Xa teño o meu novo escritorio completamente definido, e non me falta xa nada. Ata funciona o cliente de SecondLife, neste sorprendente trebello. O eeepc cumple dabondo, e non lle atopei ainda mais que “erros menores” na fabricacion, no funcionamento e no rendemento. Xa vin que a perspectiva de “vivir en 4Gb” non é posible, e tamén aceptei que a mecanograía terá que ser baseada no teclado es_ES. Pero iso non vai ser problema cun teclado no que todalas teclas esta “ben preto”…

Agora toca continuar co pulido das xornadas de formación que estamos a impartir nestes dias. E deixar pechado o live-cd que ha ser o entorno de traballo dos asistentes.

Responsabilidade, por estarmos dando un curso cuns obxectivos tan altos, e tan considerables. Pola valentia dos convocantes, e pola confianza que depositaron en nós. E, posto que xa coñecín a algúns dos asistentes, sei que o nivel non vai ser baixo, precisamente.

O sábado pasado din unha palestra sobre ferramentas 2.0, e parece que os asistentes quedaron ben satisfeitos, e pareceu que mais dunha e de duas das cousas que lles contei eran novedosas… Alégrome moito. A presentación era unha ollada para usuarios de internet que non estan ó tanto do que se fai na chamada web 2.0.

elexidos

[kml_flashembed movie="http://www.soitu.es/elecciones/2008/generales/graficas/widget.swf?idioma=4&lugar=galicia" width="500" height="500"/]

devezos invernais

segundo o prometido, eis o primeiro envio postal dos mozos de Urco Editora.

disque vai chegar ao longo da proxima semana… agardaremos ansiosos.

e mentres, xa teño excusa para rematar dunha vez os tres tomos do sr. dos aneis, que anda aboiando pola casa dende que o trouxeron os reis, e non dou atopado tempo para cumplir coa debeda do tempo.

feiraco mola

botando olladas dispersas e caoticas ao runrun da portada de blogaliza, as veces chegas a cousas importantes. acitc fala do servizo de atencion ao cliente de feiraco. fascinante.

universal

poderiase facer moito comentario de texto sobre o sentimento, a palabra e a forma, pero non fai falla.
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/N0j7xegSmtE" width="425" height="350" wmode="transparent" /]