Todalas entradas de goretoxo

tirando do fío: O Gaiteiro de Campañó

De cando en vez ao exilio chegan novidades de xentes afoutas que son quen de vivir a Galiza dende Galiza (!)

Oscar Ibañez, gaiteiro. Juan Tilve, gaiteiro.

Igual que hai dous anos caeme nas mans o librodisco de Os Campaneiros nun Culturgal, hai uns dias foi pasou algo parecido coa edición das grabacións de Filgueira Valverde de Juan Tilve (xa vello) alá polo 1947.

O traballo, como peza científica, é impresionante. Como repertorio canónico, incuestionable. Como outro fío do que tirar para achegarmonos ao que somos, mellor imposible.

Atopar o Paso Ledo, segundo interpretación do s.XIX, é unha ledicia, igual que os fandangos…

As máis das referencias son de Calle, pero das outras hai moito que achegar: que Juanjo editou un libro sobre Adelio Pichel, o ano pasado.  E, como derivada, foi na Central Folque (que parece que estan a editar librodiscos!)

…e o impresionante video de 1984, “Tocar pechado na gaita” de Pablo Quintana:

todo gracias ao Amazon da rúa Camelias de  Vigo, Andel Virtual

vistas dun mapa, o blogomillo visto dende inoreader

o xestor de feeds que estou a usar chámase inoreader, e ten cliente web e app para o mobil. Non é especialmente brillante nas formas de compartir, pero cumple os minimos (a wordpress, a twitter…)

a lista de blogues do blogomillo é o resultado de exportar o seu opml, e tamén ten unha vista de “ultimas novidades” que se pode reutilizar como iframe en calquera sitio:

o código do iframe é:

<iframe width="670" height="800" src="http://www.inoreader.com/stream/user/1005950700/tag/blogomillo/view/html" frameborder="0" tabindex="-1"></iframe>

a ligazón para as ultimas entradas é esta:

http://www.inoreader.com/stream/user/1005950700/tag/blogomillo/view/html

e dende o propio inoreader tamén se pode descargar o opml dunha vez. Calquera engadido, cambio ou comentario que queiran vostedes facer, será benvido polas canles habituais (email, twitter, …)

un mapa no deserto

Hai dias que contradiscurso lanzou unha chamada ao espacio do blogomillo, e pensei que era bo momento para darlle unha oportunidade nova a uns espazos que estan a quedar difuminados nos xardíns pechados das redes sociais.

Hoxe cheguei á lectura do sorprendido artigo (xa vello, de hai meses) dun blogueiro que saiu do cárcere (entrou por blogueiro) e, despois de oito anos desconectado, atopa que as prediccións dunha Rede captiva son reais. E chama á recuperación do espazo de liberdade e interconexión horizontal que foi, e pode seguir sendo, a web.

O resultado destas duas ideas nunha plácida mañá de sábado foron uns minutos na procura dunha ferramenta para lectura de RSS (voltei ao inoreader), e máis un par de horas recopilando blogues das fontes que tiña na cabeza: os blogues de @blogaliza con máis visitas, os blogues referenciados polo usuario de twitter @blogsdopais, e algún máis: unha lista de 77 blogues, incompleta, pero aberta á colaboración e incorporación das listas que tedes os demáis lectores de blogues en galego, que sodes/somos moitos.

Quedan vostedes invitados!

…nun mundo feliz (?)

Xa sei que facer de anlista/futurólogo/tertuliano esta moi visto, e moi pouco valorado; o caso é que dende hai uns meses, polas cousas do traballo, ando nas procuras da relación entre causa e efectos, e na construcción de discurso en base a correlacións de eventos non necesariamente unidos. É o que che ten traballar con sistemas complexos.

Hoxe esta nas portadas o acordo nuclear entre o gran cowboy (USA) e un estado (Iran) ata hai ben pouco considerado “terrorista” polos nosos “aliados”. E hai ben pouco o sempre opaco estado de Israel estaba a anunciar timidamente acordos cos outros “terroristas” de sempre (Hammas).

Seica os novos axentes do escenario global (os do “Califato”) estan a facer máis que cambiar o mapa de Oriente Medio ?

Aproveitando as novas e as vellas, as xentes de ElPais publican un xeitoso gráfico (non deixo ligazón porque as leis xa non son as que eran, e non teño moi claro que sexa legal facelo…) no que se amosan as cabezas nucleares dos diferentes operadores deste xogo global de poder e poker. As cifras:

  • USA: 4674
  • Rusia: 4600
  • Francia: 300
  • China: 250
  • UK: 225
  • India: 210
  • Pakistan: 120
  • Israel: 80

Un total de 10.459 cabezas nucleares listas para acabar con todos nós… Unha para cada 698.000 persoas…

Saben vostedes se alguén esta a estudiar eses escenarios de colapso asociados ao cambio climático, o ascenso do nivel dos mares, as migracións masivas das xentes do carón do mar, as insurxencias do tempo da rede, o a amenaza nuclear? Seguramente as súas conclusions sexan terrorificas.

Xentes máis sabias e máis listas que nós abofé que han estar matinando nestes problemas…