historia do século XX, lecturas para o verán

Non sei o que pensaban os habitantes da Cidade alá polos anos antes da chegada da Fin do Mundo. Pero tivo que ser algo parecido á atmósfera mental que estamos a respirar hoxe.   O caso é que nin a fin do mundo é o que era, se ata Peak Oil foi asumido pola élite como parte do escenario?  E os permacultores e máis os “paleo” a piques de se trocar en mainstream…? Mentres tanto, noutro momento, noutro lugar, Hobsbawm morreu hai uns anos, e Castells sigue a publicar libros. Alguén de Debian laiabase hai uns dias da “derrota” que supon para unha comunidade baseada na liberdade o emprego de ferramentas tipo “SaaS”: é máis facil usar Slack que ter un servidor propio. Pero onde queda a independencia? Unha tendencia no sentido contrario, ou outro sinal dos tempos?http://www.nealstephenson.com/news/2015/04/13/seveneves-excerpt/

Para apocalipticos de andar por casa, hoxe, no criticalia un último parrafo con suxerencias para esa conta atrás… igual que a recomendación do último libro de Stephenson, outro tocho de máis de 800 paxinas sobre unha perspectiva da conta atrás. O mundo que estades a modelar é unha mala distopia, a opulencia dos que viviron a base de traer cartos do futuro, a débeda como modo de vida.

Tamén hai quen comeza a falar de estar fartos, que xa vai sendo tempo: como dixo Francisco Castro, e como di agora olevantadordeminas. Terá algo que ver con esto ese acto de ostracismo sacado de fora do tempo, polo que unha entidade semi-feudal tenta eliminar do seu espazo de privilexio aos disidentes de UrcoEditora? Será que o mito da Ostracia ten máis aplicación do que parece, dende a distancia?

Hei caer na tentación, ou mellor sen culpa: “heime deixar levar pola posibilidade”, de traer de volta de Porto a mala cheia de livros? O ano pasado foi ben.

Mentres tanto, vamos lendo:

O que estou a rematar nestes dias: a Historia do śeculo XX breve (1914-1991) de Hobsbawm. Hai vinte anos o mundo estaba sorprendido pola caida da Unión Sovietica, pero moitas das fervenzas que sairon daquela pota xa estaban no punto de mira neste fermoso texto de divulgación.  Non é entender o que foi: é ver de onde veu o que temos. Recomendable sempre.

SevenEves, o último de Stephenson. Verborrea astronomica, aventuras no borde da navalla, e algo semellante a redención.

Ostracia, de Teresa Moure. Semella que a biografia novelada é unha excusa para sacar do agocho, do espazo apartado, a máis da metade do que somos.

End of Millennium, a terceira parte da triloxia sobre o comezo do século XXI de Castells. A segunda parte deixoume pegada, alá polo 2010.