…nun mundo feliz (?)

Xa sei que facer de anlista/futurólogo/tertuliano esta moi visto, e moi pouco valorado; o caso é que dende hai uns meses, polas cousas do traballo, ando nas procuras da relación entre causa e efectos, e na construcción de discurso en base a correlacións de eventos non necesariamente unidos. É o que che ten traballar con sistemas complexos.

Hoxe esta nas portadas o acordo nuclear entre o gran cowboy (USA) e un estado (Iran) ata hai ben pouco considerado “terrorista” polos nosos “aliados”. E hai ben pouco o sempre opaco estado de Israel estaba a anunciar timidamente acordos cos outros “terroristas” de sempre (Hammas).

Seica os novos axentes do escenario global (os do “Califato”) estan a facer máis que cambiar o mapa de Oriente Medio ?

Aproveitando as novas e as vellas, as xentes de ElPais publican un xeitoso gráfico (non deixo ligazón porque as leis xa non son as que eran, e non teño moi claro que sexa legal facelo…) no que se amosan as cabezas nucleares dos diferentes operadores deste xogo global de poder e poker. As cifras:

  • USA: 4674
  • Rusia: 4600
  • Francia: 300
  • China: 250
  • UK: 225
  • India: 210
  • Pakistan: 120
  • Israel: 80

Un total de 10.459 cabezas nucleares listas para acabar con todos nós… Unha para cada 698.000 persoas…

Saben vostedes se alguén esta a estudiar eses escenarios de colapso asociados ao cambio climático, o ascenso do nivel dos mares, as migracións masivas das xentes do carón do mar, as insurxencias do tempo da rede, o a amenaza nuclear? Seguramente as súas conclusions sexan terrorificas.

Xentes máis sabias e máis listas que nós abofé que han estar matinando nestes problemas…