aniversarios

foron 13 anos deste blog, e non penso que sexa tempo de acabar con el, nin oficialmente, nin por abandono, máis ben o contrario. Nestes ultimos meses a velocidade do cambio aumentou (o cambio sempre é a norma, nesta vida: a aceleración é mellor métrica). Recuperamos fragmentos da identidade, voltamos a facer importante o importante, e queimamos moitos esforzos no altar efemero da urxencia. Voltas ás voltas, poeira nos zapatos.

fracking que fracasa por baixo prezo do petroleo, o mercado que acaba por devorarse a si mesmo; hai unha xustiza poetica na ameba que colapsa.