Deckard e o mercerismo

Confeso. Non lera ata o de agora ao Dick do que saiu Blade Runner. Sonche un fan aficionado. E si: quedei sorprendido. Moi sorprendido. Deckard é Deckard, as portas estan todas abertas, o que hai que facer, haino que facer; pero o que queda fora da vista é tanto que agora Blade Runner semella unha adaptación non da novela, senon de algunhas escenas dela e dun abstract pillado polos pelos. As motivacións dos “andrillos” (na traducción en castelán; cando é que rematan os dereitos de Dick, para que veñan os de Urco a traducilo ao galego? -para 2052!!-), os “pellejudos” son outras, o escenario é outro, e o Mercerismo, a Empatía, e a relación dos humanos cos animais son outras. Posiblemente sexa mellor pensar que Blade Runner é unha recreación de elementos sacados da novela, e non unha adaptación dela.

As caixas de empatía, un facebook do sentimento?

Seguimos recuperando aos clásicos da Ciencia Ficción, despois de Heinlein e Dick virán May, MacCafrey, LeGuin…

One thought on “Deckard e o mercerismo

  1. A min o libro, a peli e o videoxogo encantáronme a partes iguais, sobre todo polo que ti mesmo dis: “semella unha adaptación non da novela, senon de algunhas escenas dela e dun abstract pillado polos pelos”.
    Penso que así se deben facer as adaptacións literarias, coa liberdade de crear e avanzar por camiños non transitados antes… pese a quen pese, incluídos os mortos.

Comments are closed.