Rush, outro referente no Ready Player One

Estaría divertido facer unha recopilación dos referentes usados no Ready Player One. Pero tamén os que quedaron no tinteiro (que son moitos). No espazo sonoro de Oasis os Rush brillan con luz propia. Igual que os Trintas de Trives, “son tres pero soan como trinta” e ai siguen. Non vou decir que nos 80 eu escoitaba estas cousas, sería mentira. Cheguei a eles nos 90, da man do fillo menor dunha familia de tolkenianos. Cando lle lin ao Cline o de “We are the priests of the temple of Syrinx” emocioneime.