storytlr: reagrupando as tuas pegadas na rede

Escribes en twitter, no blogue; fas anotación de enderezos, comentarios e etiquetas no debulla, ou del.icio.us; compartes novas co google reader, e tamén as comentas dende alí; botas unhas risas no lareta, subes videos ao qik, ao youtube, e fotos a flickr… Toda a tua actvidade esta dispersa polas redes adiante.

Co storytlr podes xuntar todo o que fixeches na rede nunha soa liña do tempo, e podes ter referencia de todo o que dixeches, para uso futuro ou para axudar aos teus contactos a seguir o que fas. E podes agrupar as anotacións entre duas datas, entre dous momentos, para facer historias, crónicas dos momentos empregando as ferramentas da web.

E dende que storytlr.com deixou de dar servicio e liberou as fontes do servidor, temos unha instalación no blogomillo. Estamos pendentes de facer unha tradución, e o servizo é aínda en probas, pero polo que estamos vendo funciona moi ben. Se queres abrir conta no sistema contacta co admin de blogaliza.

5 reflexións sobre “storytlr: reagrupando as tuas pegadas na rede

  1. pois o mesmo que os outros: cree vostede unha conta no sistema e mandelle un mail ao admin(na)blogaliza.org para que o meta no ciclo de cron
    :)

  2. Pingback: Brétemas » Storytlr xunta as túas pegadas na rede