«debate» no Foro Aberto

O intrépido Marcus fixo o traballo que eu pensaba facer esta mañá, e subiu ao Vimeo o corte da miña intervención no programa de debate da galega que, casualmente, ocupa a banda horaria dos «latenites»…

Se o tango decia que vinte anos non son nada, dez minutos, nin contan. E, como sempre, as dinámicas da conversa levan cara a onde nos deixamos levar. Fluindo.

5 reflexións sobre “«debate» no Foro Aberto

  1. O corte do programa pareceume bastante interesante, aínda que continúo a pensar que o tema dá para un debate completiño dunha hora.
    O que non ten moito sentido é que no outro lado da mesa haxa tres xornalistas/tertulianos, e ningún axente involucrado na explotación comercial da propiedade intelectual/industrial (que normalmente fuxen dos medios de comunicacións).

  2. Como se chama o video do que falas sobre as ideas??
    Teño que ensinalo a un par de persoas.

  3. Moi ben explicado, vótase en falta que os supostos contrincantes estiveran a altura da túa intervencón, véselles pouco informados.