Axuda en tempo real

Estes dias estamos a experimentar cunha nova ferramenta de asistencia aos usuarios de blogaliza. Cando entramos no taboleiro do noso blogue, como usuarios rexistrados en blogaliza, atopamos na esquina inferior dereita unha pequena fiestra azul titulada «Axuda en vivo». Se facemos click co rato nela, desplegase coma un espazo de chat, no que podemos escribir para falar en tempo real, co equipo de administración de blogaliza, en caso de estar alguén conectado neste momento. Tendo esta posibilidade sempre a man, é moi doado pedir axuda, e obter resposta de forma inmediata. Convidamosvos a usala!

6 reflexións sobre “Axuda en tempo real

  1. Pingback: Axuda en tempo real en Blogaliza < Tati Mancebo

  2. mudei o layout do meu blog -
    Manuscritos digitais e agora só aparece isto: This theme is released under creative commons licence, all links in the footer should remain intact

    >O que fazer? Quero o meu blog de volta

  3. parece que habia algun problema co theme wintercastle-10.
    activamos o theme por defecto, e xa funciona o teu blogue

  4. Ola!Estou a tentar engadir medios sonoros no meu blogue. Busco o arquivo en mp3, súboo ao blogue do mesmo xeito que o fago cunha imaxe calquera, doulle a Inserir na Anotación e faino, pero logo, cando lle dou co rato non o reproduce e pon erro!
    A que pode ser debido??
    Moitas grazas por terdes creado este espazo!
    Grazas!

  5. Pingback: BLOG DA BIBLIOTECA DO IES DE PORTO DO SON » Arquivo do blogue » A partir de hoxe