cultura para todos, e máis que veñan
goretoxo
Por moito que pareza unha chamada ao populismo, por pouco que as industrias (no que tal palabro nos trae á mente cando o escoitamos) e o cultural poidan estar mais ou menos lonxe; por moito que os que monopolizan as canles xenéricas con contidos de interese “xeral” miren para outro lado, atraidos por linguas presuntamente mais vivas e un contexto/mercado mais global; por moito que nos quede tanto por facer no ideolóxico, na crítica a ese modelo de “propiedade” “intelectual” que poida recompensar con xustiza a creadores, editores, investigadores, intérpretes, autores, e demais axentes implicados nesto que chamamos cultura.
Por moito que se poida mellorar o mellorable, o destes últimos catro dias no palexco (outra vez ese espazo a priori hostil, demasiado preto e demasiado lonxe do templo do consumo-franquicia megaproductor de lixo) convertiuse nunha feira, nun domingo en Padrón, cambiando porco salgado por edicións especiais, e novidades do textil popular por presentacións de autores con agasallos de galletas ao limón. Doces para entender esta terra de hamlets e tonechos, de contadores de contos.
Nós, os labregos do tcp/ip, tivemos a oportunidade de botar unha man na recolleita das falas dun feixe de amantes das palabras, un escuadrón de militantes da lingua, de habitantes das trincheiras de Verdún. Un privilexio máis alá de toda recompensa. Máis ainda a aperta cálida do enfeitizador das brétemas, entre caixas de tesouros novos, e vellos. E da amizade inmensa, inmedible, destes prestidixitadores da palabra, e da acción.
Na praia que o mar vai cubrir, na seguinte Venecia do naufraxio da banca global estamos a botar áncoras para o futuro, dornas con raiceiras nas fontes musicais e naqueloutras que han ser as herbas coas que adubiar as croquetas de polo, para os que xa non sabemos cal é o gosto do polo.
Publicado en apocalypse now |
1 comentario »


2008-12-09 ás 9.53 am
[...] do mesmo: ghanito, os neveros, goretoxo e brenlla tamén teñen algo que [...]