saindo da gaiola

novembro 17th, 2008 por goretoxo

en.wikipedia.org:

jailbreak, in software engineering, breaking out of a chroot jail in UNIX or, more recently, bypassing DRM and running custom code, see Privilege escalation.

Despois de moito meditar, e despois de moitas voltas e revoltas, atopamos qik e decidimos que xa era tempo de continuar cos experimentos de video streaming, mobilidade extrema e computación ubicua, no camiño a un interfaz usable para usuarios de realidade aumentada. Por non decir das últimas novas sobre tendencias de lectura en dispositivos non especializados, ou a posibilidade de seguir empregando apt-get nun lugar de luxo. Ou sexa, que pillamos un iphone. O trebello de moda (ainda lle quedan un par de anos de ser a vangarda tecnolóxica), o complemento chic dos geeks…

Un modelo libre do 3G con 8Gb, que podiamos empregar con tarxetas SIM de calquera operador. Sendo libre, pero non “aberto”, pode ser un xoguete, un teléfono, terminal web wifi (que, sospeitosamente, non era quen de descargar ningún arquivo de ningunha web) e cliente de correo. Todo ben, ou moi ben. Estudiadas as aplicación “preinstaladas” (24h, pouco mais), comeza a pescuda de máis software. O único camiño posible, a única fonte de novos programas é o apple store. Un apple store no que podes atopar algunhas aplicacións “GRATIS” (que non “LIBRES”), na que case todo ten un custe (sospeitosamente pequeno, por debaixo dos 0.99€), e na que se hai que validar, con usuario, contrasinal e moitos máis datos privados para comezar a falar.

Estando acostumado aos tanques configurables feitos con materiais de última tecnoloxía (segundo a metáfora de Stephenson), este coche deportivo de luxo parecíame demasiado cheo de decisións que eu non tomara… Aguantei dous dias, só dous, antes de lle facer o jailbreak. Precisaba aire. E atopei piña. Que por moito que a algúns lles lembre as anos setenta (deja vu de cando nenos, as comidas familiares de domingo, co postre recén sacado da lata, antes da invención da nata en spray?), eu case prefiro antes ca mazá cunha trabada.

Asique pin, pan, pun, e temos o Cydia para instalar cousas tan xeitosas como un terminal (!), o mame, ou tan de primeira necesidade coma un lector de RSS off-line, o cliente ssh, ou o software de streaming de qik. Unha xoia.

O obxectivo do experimento é, despois de 5 meses traballando só cun eepc 701, ver se fora posible reducir ainda máis o tamaño do posto de traballo e facelo transportable no peto. Sendo tamén amigo das libretas (posiblemente por moitos anos ainda), trátariase de dar pista á proposta do sabio Pisani, e sabendo que temos na caixa capacidade de procesamento dabondo (polo menos tanta coma no eeepc), enchufarlle un teclado e un monitor, e seguir traballando.

E non estamos falando de futuro.

Publicado en apocalypse now, vida no metaverso | 8 comentarios »

8 Respostas

  1. Tati Di:

    Que inspirado!!

  2. goretoxo Di:

    gracias!, e gracias por estar do outro lado!

  3. galcet Di:

    Por qué un Iphone?? realmente é o dispositivo mobil máis avanzado, uuum non o vexo claro.

    Por outra banda iso de mezclar sw libre baixo hw dunha compañia que é a máis celosa e cerrada do mercado non o acabo de entender.

    Outros dispositivos haberá no mercado para facer o mesmo, o mellor con menos glamour e menos publicidade pero seguro que igual de validos.

    De todas formas, iremos vendo os avances que conseguides con ese trebello do inferno :-)

  4. Modesto Di:

    iPhone is overrated

  5. goretoxo Di:

    non demasiado overrated, si un pouco overpriced.

    …e non levamos anos mezclando hw pechado con software libre?
    non se trata só do glamour: a capacidade de facer, o potencial.

    a competencia ainda non é comparable. De aqui a un ano non che digo que non, pero hoxe, complicado.

    tende en conta que é todo metido nunha caixa de menos de 1 cm: gps, bluetooth, wifi, 3G, acelerómetro, pantalla tactil, camara… e seguro que esquezo algo.

    …seguiremos informando!

  6. galcet Di:

    …e non levamos anos mezclando hw pechado con software libre?
    uuuuum sí, teño que darche a razón en isto, o que pretendia expresar é que Apple é a representación en si do contrario ao movemento libre (tanto de sw como de hw) ao meu modo de ver ainda peor que M$, que xa é decir. Pero bueno, seguramente sexa unha visión moi persoal, a min as mazas con mordiscos non me van, por moito I’fone que sexa.

    Por certo o tema do prezo tamén é ben certo, menudo nivel que vos marcades algúns, joder!

    E unha última cuestión, o de levar a estación de traballo dentro de tal aparello será unha coña-mental nonsi, eu teño o meu pc petado de maquinas virtuais, de distintos compiladores, de isto e de aquelo e resulta que ti (que tamén eres programador, nonsi?) chegache con tal aparello… algo fago mal en tal caso.

    esperamos avances… boa sorte co traballo.

  7. opaco Di:

    o de ter bluetooth é coma se non o tivese …para o que sirve!

    veño de cambiar de teléfono e o certo é que o iphone era tentador, o potencial é moi grande …pero o primeiro que precisaba era dun teléfono solvente

    p.s. unha das cousas que menos me gustou, ademais da ausencia do c&p, do bluetooth e desa axenda cutre para un teléfono era ter que contratar unha nova tarifa de datos 3G para el só que non pode compartir con ninguén, a pesar de ter xa unha tarifa de datos 3G, que en calquera outro terminal si se pode compartir via bluetooth (ou wifi) con calquera outra máquina.

    esperamos avances :)

  8. goretoxo Di:

    galcet: eu, mais que progamar, administro sistemas. o de ter un terminal ubicuo é unha das utopias de hai moito, contando coa capacidade de procesamento na “nube” (sexa o que for que definas como tal), e un ssh no terminal…

    opaco: si, o bluetooth éche testimonial. Precisamente buscamos un libre para non ter que depender das condicións de movistar.

Deixa un comentario

Aviso: A moderación de comentarios está habilitada e pode demorar o teu comentario. Non precisas envialo de novo.