estes dias últimos tiven a sorte de podes asistir ásI xornadas de control automático e robótica con ferramentas open source, organizadas polos heróicos rapaces de aulusc. Gracias a eles, aos asisntentes todos, e ós meus xefes en Tegnix, puiden ter (por fin) o meu bautismo no mundo da electrónica pola acción. Soldar, empregar protoboards, interpretar esquemas, e levalos á práctica, foron algunhas das tarefas destas algo menos de 20 horas. Extremadamente productivas, abofé. Trouxemos para casa un embrión de robot baseado en arduino, e o convencemento de que o mundo da electrónica é algo intelixible. Tamén unha boa lista da compra, e unha idea xeral de cómo debe ser o lugar de traballo electrónico.
Primeira lección para volver a aplicar na casa:
apt-get install gcc-avr avrdude
E os deberes, conseguir que o robot “vexa” unha liña no chan e sexa quén de seguila (!)…
Category: antropologo accidental |
Tags:
Comments
This entry was posted on domingo, xullo 20th, 2008 at 9.19 pm and is filed under antropologo accidental. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

Oes pois dalle, dalle que eu no momento que me libere da carga que teño, quero precisamente empezar a xogar coa robótica -levo tempo dexexando poñerme con iso… ate me gusataría poder concursar en algún campionato (con tempo)
Ánimo!! é verdadeiramente interesante, a vez que non deixa de ser unha aposta de futuro, a robótica en todas as suas vertentes esta chamada a gobernar moitas partes da nosa vida.
Saudes… e que sorte ter xefes tan compresivos eh!! jajajaaa