mundos 3D, a seguinte fronteira

Secondlife e WoW xa non son experimentos. Metaversos temáticos (relación e batalla), que moven economías comparables ao PIB de algúns paises (ese macro indicador que pon o dedo na ferida), xa estan ata tal punto consolidados que forman parte da prensa mainstream do mundo real. Ver á xente do software libre facendo campaña nunha illa de secondlife foi como ver ós colonos utópicos do novo mundo polas ruas da cidade. E, confeso, aínda non entrei no WoW.

A nova destes días é a chegada de google ós experimentos 3D. Eles non entraron a investir en linden labs, non. A diferencia de IBM, que esta a meter contidos no pozo non recuperable de secondlife e, ó mesmo tempo, esta a financiar o desenvolvemento de opensimulator, os tragaldabas de google estan a desenvolver o seu propio metaverso, lively, que lembra ao resultado dun “shaked and not stirred” no que o martini foran os Sim, e o vodka o a “liberdade” para crear contidos, aquelo de “xogar cos seus xoguetes”…

O cliente que podemos descargar é só para os sistemas operativos de microsoft… haberá que agardar, ou botar todas por opensim?

Dende logo cando as bibliotecas de obxectos que, por exemplo, podemos intercambiar entre google sketch e o google earth, se poidan importar ás illas de opensim teremos moito traballo adiantado. E cando poidamos exportar o estado dos avatares. Estas dúas posibilidades que no secondlife non parece que vaian a estar dispoñibles no curto prazo, polo propio modelo económico dos linden dollars, poderían marcar a diferencia. Por moito que hai mais dun ano os publicistas de secondlife falaran moito de extender o protocolo, e facer unha “internet de grids”…
(pois si, parece que linden labs e IBM estan a traballar no teletransporte de avatares e obxectos de inventario entre SecondLife e OpenSim…)

Despois, clientes para dispositivos móbiles, e a correr…

2 Comentarios

  • By tonio, 10 xullo 2008 @ 8:22 am

    Joer macho non sei de onde sacas o tempo para ‘xogar’ con todo iso…

    Mundos 3D, interesante tema, sabes que unha gran parte dos xaponeses valoran igual o mundo real do mundo virtual???

    Mundos 3d o seguinte paso hacía matrix (axudados da IA)…

    Por certo quen marca as leis nese lugar, son extrapolables as existentes no mundo de ‘a fora’…

    mil preguntas me xurden…(nótase que nunca xoguei con el)

  • By goretoxo, 10 xullo 2008 @ 6:14 pm

    tempo? buf… imaxino que o saco da “vida real”… e non, tampouco adiquei demasiado tempo a pasear polo second life. De feito hai tres meses dinme de alta como usuario de pago, e agora que me chega o aviso de renovación, dinme de baixa porque non tiven TEMPO para explorar o procedemento de compra de terra, asique deixo de pagar. Os asuntos de OpenSim, e RealXtend sonche outra cousa ben xeitosa, con IBM detrás e os de LindenLabs apoiando a universalización do seu interfaz…

Outras ligazóns para esta anotación

RSS semente para comentarios a esta anotación. URI do trackback

Deixa un comentario

WordPress Themes