malas novas de hoxe
a)xa parece confirmado, ou polo menos artigo de porras: falan por ai de 50% de probabilidade de que o polo norte non sobreviva a este verán septentrional. xa saben. collan o barco e vaian ver o máis grande espectáculo da tempada.
b)a ranura para tarxetas de memoria que trae o eeepc ten problemas térmicos, de forma que o controlador tolea aos poucos de meterlle unha tarxeta e comezar a escribir nela. Problemas de deseño. Se queren vostedes ampliar horizontes porriba dos 4Gb do disco interno, terán que botar man desa lectora de tarxetas USB que tiñan por ai arrumbada hai tempo….
c) unha bateria de 7Ah cargada ós topes da para duas horas e media desta placa base. En realidade non é unha mala nova, pero tiña esperanza que durara máis
d)temos medo, europeus, cando estamos fronte ó mundo real… ó final, esto vai ser unha ensalada de xustiza poética e canibalismo cultural…
e)o prezo do sangue do liberalismo segue a subir. Por moito que fagamos actos simbólicos, vai que ir pensando en deixar polo camiño a bolsa de plástico, e tres ou catro trebellos máis.
f)é moi posible que xa estemos “do outro lado”. mans ó sacho!
g)ventos de guerra na vella persia? pode o sr. bush deixarnos, por moito que queira, un regalo de despedida semellante?
h)suma e sigue: o eume vai estar no caudal ecolóxico para encher o furado da mina de As Pontes. Atentos.
3 Comentarios
Outras ligazóns para esta anotación
RSS semente para comentarios a esta anotación. URI do trackback






By tonio, 2 xullo 2008 @ 4:16 pm
sabes da web da Nasa nonsi, na que se ve a evolución da contaminación, temperatuara, desxeo…
http://climate.jpl.nasa.gov/ClimateTimeMachine/climateTimeMachine.cfm
By goretoxo, 2 xullo 2008 @ 4:25 pm
si, fascinante, non?
By tonio, 2 xullo 2008 @ 4:38 pm
sí, pero joer que medo da ver como nos cargamos o planeta somos un virus, unha plaga…