Blogaliza MOBIL
Xa podes empregar o telemobil para escribir no teu blogue de blogaliza.org!!!
Despois de varios meses de investigación, e moitas horas en branco (e en negro), achegamos unha solucion sinxela, e de mui baixo custe tanto para os usuarios como para o sistema, que vai permitir que fagamos apuntes no noso blogue estando en -case- calquera sitio. Calquera sitio a onde chegue a rede mobil. Calquera sitio onde o noso telefono teña cobertura.
Só precisamos ter un blogue en blogaliza.org, e solicitar ao administrador a activación desta característica, para comezar a publicar dende calquera momento e lugar. Tamén teremos que introducir un número de mobil nun novo formulario do menú Opcións (MoBlogaliza), e xa estaremos preparados.
Os SMS teñen que comezar coa palabra “BLOG” seguida dun espazo, e o texto que queiramos publicar. Os SMS chegan a un terminal (que ten o número 664505999) que os procesa e os reenvia cara ao servidor de blogaliza, onde se verifica o mobil de orixe e, en caso de existir, introdúcese a anotación no blogue correspondente. O modelo de seguridade do procedemento basease na identificación do mobil remitente. O custe das mensaxes é o custe dun SMS normal e corrente (depende do operador).
As anotacións enviadas por este procedemento aparecerán tituladas como MOBLOG, e sairán publicadas uns minutos despois de seren enviadas.
Este sistema, irman do que xa esta a funcionar en chuza!, ainda ten algunhas melloras por facer, polo que ainda esta en estado “beta”.
7 Comentarios
Outras ligazóns para esta anotación
-
Novidades na Blogaliza | Andrés Milleiro — 12 novembro 2007 @ 11:50 am
-
OURICEIRA » Moblog — 13 novembro 2007 @ 12:58 pm
RSS semente para comentarios a esta anotación. URI do trackback





By calidonia, 11 novembro 2007 @ 7:20 pm
Imaxino que comparte código e sistema cos chíos móbiles. Polo de pronto achego unha cuestión: a min non me funciona o sistema, porque mandei 2 SMS desde un terminal Vodafone con contrato de empresa e non apareceron os chíos correspondentes.
Polo demais, noraboa por tirar para adiante das propias ideas até facelas realidade.
By demares, 12 novembro 2007 @ 9:27 am
imaxina vostede ben, calidonia. o sistema emprega a mesma infraestructura ca o de chuza!… e pola probas feitas hai unhas semanas penso que pode aturar unha carga de ata 50 sms por minuto…
sobre o problema que tinha vostede para enviar chios, xa esta amanhado: o erro estaba na propia axenda do terminal mobil, que o tinha a vostede identificado, e cando tocaba identificar o seu numero mobil no sistema remoto (chuza) a cadea “nome apelido” non era valida…
By ghanito, 12 novembro 2007 @ 6:08 pm
O sistema permite incluir ligazóns?
By goretoxo, 12 novembro 2007 @ 11:38 pm
o que metas no sms vai aparecer “talcual” no texto da anotacion…
ainda que hai problemas cos caracteres acentuados, e tal…
(certo, estamos en beta permanente)