mundos comunicados
internet e os mobiles.
os terminais de hoxe en dia tenhen capacidade para ver webs, e para mover datos no mundo tcp/ip. Pero os prezos que nos cobran os operadores non son nin de lonxe bos. Nin os limites de trafico mensual.
os sms son baratos, e case ubicuos.
que nos custaria conectar un terminal mobil a un computador e, dende este, acceder ao buzon de sms do mobil para procesar as mensaxes como “contido significativo”?
en cartos, ben pouco: un pc con bluetooth, un mobil con bluetooth…
pero en tempo…? unha enchente de dedicacion e moito tempo en probas ensaio/error para ver se o noso terminal cumple, e en que medida, as especificacions da norma Hayes…
os programas como kmobiletools podennos achegar algunhas pistas, pero mais ben poucas.
superada esta barreira, temos un inmenso abano de posibilidades diante nosa: se un computador pode atender as mensaxes recibidas nun mobil, e ese computador ten acceso a internet… podemos facer que ocorran cousas, podemos enviar informacion a sitios remotos, podemos lanzar procesos, mandar emails…
…seguiremos informando
(20071024 actualizacion): a API de twitter esta disponible, e non e moi dificil, empregando python, facer un interfaz que procese as SMS para mandarllas ao sistema como “updates”. Para ser empregado por moitos usuarios, haberia que ter os contrasinais de cada usuario.
4 Comentarios
Outras ligazóns para esta anotación
-
A dorfunteca » Quick News Flagged Articles — 24 outubro 2007 @ 6:29 pm
RSS semente para comentarios a esta anotación. URI do trackback





By calidonia, 23 outubro 2007 @ 6:09 pm
Seime duns cantos que aínda están pelexando para conectar o móbil á ubuntu por bluetooth con gnome-bluetooth e PhoneManager (http://live.gnome.org/PhoneManager)… Despois diso, o límite é o ceo.
By dorfun, 24 outubro 2007 @ 7:39 am
…se o problema de conexión do móbil con ubuntu é na recepción e envío de arquivos, eu tiven que instalar unha aplicación (non lembro o nome) para que funcionara o servizo OBEX (creo lembrar) e permitira que o pc recibise arquivos… para o envío dende este co xertor de bluetooth de gnome é suficiente e o móbil acepta todo sen problemas…
…noutra orde de cousas… señor goretoxo, podería habilitar a sindicación completa da semente rss, para comodidade dos seus lectores? XD
…e dende logo hai que traballar no mundo “mobilizado”
By goretoxo, 24 outubro 2007 @ 7:55 am
pois niso estamos: no ceo…
entre hoxe e manha (se non pasa nada) habedes ver novas ao respecto en chuza…
e sobre o da semenete rss, non era consciente de estar mandando so o resumo, sorry (xa esta amanhado)