o estares so levache a explorar esas fronteiras que de cotio non ias traspasar. por exemplo, a ver filmes coma o pastiche “neo-peplum” de “the last legion”. xa non se trata de anacronismos, nin de reubicacions de personaxes, situacions e tramas da triloxia de Jackson… todo iso podia ser aceptado, sen mais problema. o que fede mais ala do soportable nestes casos e, como sempre, a proclama nese momento de estres xusto antes da gran batalha final: loitamos contra a tirania, pola liberdade…. que caralho!!
todo o demais, dende capri ata odoacro e as suas formas de impartir xustiza, dende a guerreira india ata os veterans da lexion britanica, todo podia pasar por alto. pero fede, outra vez, o kingsley facendo de merlin-templario-sectario, o neno pedindolle a guerreira calor, e a parella (gimli-legolas reloaded) dos lexionarios favoritos da camara…
e que dicir do paso dos alpes, que nunca foran tan semellantes as misty mountains da terra media?
en resumo, que se vostede o pode evitar, non vaia ver esta “pelicula” porque vai ser tirar os cartos. non hai xutificacion posible…
que a nosa sociedade censure outras cousas, e non censure eso?
Category: Sen clasificar |
Tags:

Comentarios