paso a paso para facer unha radio en internet.
tunequeue e un proxecto deses que quedan “no punto en que o desenvolvedor os deixa”, sen documentar, sen empaquetar, e coa configuracion pechada ao chiringuito especifico no que naceu…
cando descargamos o software encargado da web, atopamos unha enchente de scripts sen moita documentacion. Unha guia de instalacion que non e mais que uns correos entre os desenvolvedores e un atrevido instalador.
polo tanto, o proxecto de montar unha radio en internet a partir das recolleitas de aqui e acola de materiais libremente disponibles, feita polo incansable calidonia, tinha pinta de traballo-bricolaxe para unha tranquila fin de semana.
ao final, despois de moitas subidas e baixadas, a radio meteuse nun servidor dedicado, baixo o dominio blogaliza.org, e coas novas de chuza lidas polo cotovia (gracias a dorfun pola suxerencia dun hack que fixera i/o con eles de forma automatica -moi bo o xogo xornalista/xornaleiro, por certo). Queda por investigar o emprego de festival para a sintese de voz, porque (para que enganarse) o audio que produce o cotovia non mola tanto.
e o que ia ser unha guia de instalacion de tunequeue, non o vai ser. Aproveitando que estou facendo backup do sistema no que esta a radio, posiblemente nos proximos dias adique algun tempo a explorar as posibilidades de convertir o tal backup nunha live-dvd coa radio enteira dentro… pode ser divertido, non?
no momento de escribir esto, radioblogaliza conta con 1144 temas musicais dunha enchente de grupos con licencias variadas, pero todos eles libre e publicamente descargables dende webs de internet. O traballo tremendo de recoller as portadas e ordenalas non ten nome, nin esta pagado.
os visitantes da web poden votar a musica que esta a sonar, e poden “facer peticions”, ao mais vello estilo radiofonico de toda a vida.
o audio viaxa dende un servidor icecast ata o seu reproductor favorito, embalado nun ogg.
con todos vostedes: radio blogaliza
Category: Sen clasificar |
Tags:
Comments
This entry was posted on mércores, xuño 27th, 2007 at 12.26 pm and is filed under Sen clasificar. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

…eres un crack, rapaz!!! …pois ainda temos que falar de outras cousas… :D
[...] Xa fixeron o anuncio oficial Goretoxo e Dorfun, así que agora é a miña vez. [...]
O do festival ese está en Edimburgo! Curioso, como o Festival de Primavera. O que andaba por alí era o señor Césare. Se queren encargarlle ir falar de difonemas con algún dos promotores…
o cesare anda por ali? mmmmm interesante…
Parabéns!!!!
Mira que ter que enteirarme pola prensa do Día D e da Hora H :)
bueno, en realidade non habia dia h nin hora d… foi un cambio de estado non planificado nunha dinamica-rede
:)
Hahahahahaha!
Noraboa. Gustame moitisimo o proxecto.
Os meus parabéns.
gracias, minhoca e todos
:)