escenario da fin do mundo

parece que os nonseiqueistas estaban a espreita do dia do xuizo final…

se un, ateo confeso, adoptou as herdanzas da tradicion xudeo-cristia e leu o que pensaron os reformadores, non pode senon ter na sua vida unha vision catastrofista, esperando o dia do xuizo que non ha chegar nunca.

a fin do mundo, non o penses mais, ocorrera cando perdamos tcp/ip.

e unha boa mostra de que temos (e somos) xente dabondo como para manter as cousas traballando, e o que estan a facer os de directnic.

en slashdot sempre hai uns banners que anuncian un hosting con “fanatical support“… o de directnic supera calquera intento anterior. a fin, todos lemos a brin, e todos estamos agardando a fin do mundo. Imos facer que as bases da NOSA civilizacion sobrevivan, igual que as cascudas…

(ultima hora: resulta que M$ vai facer o que xa fixo Apple: non van competir con UNIX, van ser UNIX…)

(e mais ultima: segun dis o Lessing, o dominio publico vai desaparecer, como quen non quere a cousa… xa veremos.)

(e outra mais: nestes ultimos meses estiven falando con varias persoas que traballan a menos de 10km de donde viven, sobre o asunto de iren a traballar en bicicleta… e hoxe vin a dous… parece que todos lle estamos vendo o fucinho ao lobo?)